Bachir vive nun campamento de refuxiados saharauís. Por causa dunha doenza pulmonar ten que permanecer na súa tenda, dende onde escoita con atención os sons que chegan ata el. A través do oído tenta imaxinar o que acontece ao seu redor. Unha noite coñece a Jamida, un vello sorprendente, mestura de sabio e de guerreiro, con quen fala da historia do seu pobo e dos nomes das estrelas. Ese encontro vaille permitir albiscar un mundo alén dos límites da súa jaima.